domingo, 25 de marzo de 2012

Pixelizar imaxes.

Esta técnica consiste en pixelizar unha imaxe e cubrir eses píxeles coa forma xeométrica que ti desexes. Deste modo podes conseguir un efecto determinado.A imaxe que imos a retocar neste caso é a seguinte:

 Para levala  a cabo, debes seguir os seguintes pasos:
  • Primeiro debes pixelizar a imaxe en bloques  de 10x10 ou 20x20 (como quede mellor a imaxe). Para iso, seleccionas a opción filtros e a continuación desenfoque e pixelizar e seleccionas o tamaño dos píxeles. Neste caso escollemos o tamaño 10x10.

  • Despois debes crear unha imaxe nova, en cor branca e co mesmo número de píxeles que se utilizou anteriormente (neste caso 10x10). Unha vez teñas a nova imaxe, podes ampliala para que che sexa máis doado traballar con ela.
  • Seleccionamos a ferramenta da forma coa que desexamos cubrir a nosa imaxe, neste caso eleximos a ferramenta elipse. Ao seleccionar esta ferramenta debemos ter as opcións de alisado e difuminado de bordes seleccionadas


  • Engadimos transparencia á imaxe creada por nós. Para iso seleccionamos a opción capa, e dentro desta, transparencia e engadir capa alfa. Despois pulsamos suprimir. Seleccionamos todo e copiamos a imaxe, que aparecerá no portapapeles.
  • Voltamos á imaxe que queremos retocar e engadimos unha capa nova. Seleccionamos a ferramenta de recheo coas opcións de rechear a seleccion completamente e co patron portapapeis.
  • Clicamos sobre a imaxe e o resultado é o seguinte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario