viernes, 16 de diciembre de 2011

Marcadores sociais.

Os marcadores sociais sirven para almacenar, compartir e clasificar enlaces ás túas páxinas favoritas en internet.
Os usuarios destes marcadores sociais gardan unha serie de enlaces á páxinas que visitan frecuentemente. Estes enlaces pódense clasificar por categorias e por etiquetas, e poden facerse visibles ou privados, segun o usuario o prefira. Isto nos sirve para ter á nosa disposición tódalas nosas páxinas favoritas en calqueira lugar.
Para obter máis información, pincha aquí.
Algunhas páxinas que nos permiten facer isto son: marcadores google e mister-wong. Para á primeira páxina tes que entrar na túa conta de G-mail, para á segunda, tes que rexistrarte na páxina.

Para engadir ás túas páxinas a favoritos en mister-wong, tes que entrar na túa conta, despois ir a pestana ''gardar'' e pegar a URL (só se poden gardar páxinas con URL http://, https:// e ftp://). A continuación podes engadir un título, un breve comentario e unha ou máis etiquetas. Tamén podes seleccionar se queres que os teus marcadores sexan públicos ou privados.
Tamén se poden gardar os marcadores importandoos desde o teu ordenador. Para isto primeiro tes que ter gardados en marcadores (se te atopas no mozilla) ou favoritos (se estás en internet explorer). Despois debes gardar unha carpeta con todolos marcadores e exportala. Cando esto este listo, vas á túa conta de mister-wong e seleccionas a opción importar marcadores, que se atopa na pestana de favoritos. Subiranse tódoslos marcadores que teñas gardados nesa carpeta creada anteriorrmente. A continuación poderás engadir etiquetas e comentarios a todos eses marcadores.


Vía:mister-wong.
Nesta imaxe pódese ver como se gardan os marcadores en mister-wong.

A continuación poderás ver un video no que se explica algo máis sobre os marcadores sociais:


Vía; youtube.