viernes, 14 de octubre de 2011

Información.

A información é a acción ou defecto de informar ou informarse, é dicir, a comunicación ou adquisición dun conxunto organizado de datos procesados que constitúen unha mensaxe que permite ampliar ou precisar o estado de coñecemento que se posue sobre algo.
A información pretende transmitir un feito real ou ficticio á persoa ou ás persoas que reciven dita información. Tamén intenta aumentar o coñecemento da xente sobre algunha noticia ou suceso. Pero non toda a información é certa. Unha gran porcentaxe da información que nos chega é falsa, e, ao recivir unha cantidade de informacións, a opinión pública vese incapaz de distinguir cal é verdadeira e cal é falsa, cal está manipulada e cal non. Así se un periódico ou calquer outro medio de comunicación é conservador e outro progresista, un vainos dar unha noticia enfocada desde un punto de vista, que favorecería a uns, e o outro daría a mesma noticia desde otro punto de vista, o que favorecería a outros. Por exemplo, El Mundo é un periódico conservador.
Algún medios de comunicación, como a televisión ou internet, transmiten unha información que pode chegar a un gran número de persoas, e pode ser un exemplo a seguir para elas. Isto pódese ver na moda:  millóns de persoas seguen a moda que se ve na televisión, pero tamén queren ser iguais aos modelos. Por isto estase a producir un aumento de enfermidades psicolóxicas relacionadas con este motivo, como a anorexia ou a bulimia. Para máis información, pincha aquí
Desde o meu punto de vista, a influencia que exercen os medios de comunicación, contandonos unha  noticia desde distintos puntos de vista transforma a forma de pensar do individuo que recive a información, xa que cree no contido da información que recive, e este pode ser correcto ou non.

Fontes de información:
- http://www.mundoculturalhispano.com/spip.php?article1108
- http://es.wikipedia.org/wiki/Informaci%C3%B3n

domingo, 9 de octubre de 2011

Presentación.

Hola, me llamo Sabela y he creado este blog para la clase de TIC. Iré informando de todo lo relacionado con la asignatura en el.