domingo, 25 de marzo de 2012

Presentación.

Para poñer unha presentación no blog, primeiro tes que facer a presentación e subila a slideshare. Para iso tes que ter unha conta en dita páxina. Cando xa esté subida, debes copiar o código HTML da túa presentacion, que aparecerá ao lado desta. Para poñer a túa presentación no teu blog, só tes que pegar o código no apartado Edición HTML e publicar a túa entrada.


Pixelizar imaxes.

Esta técnica consiste en pixelizar unha imaxe e cubrir eses píxeles coa forma xeométrica que ti desexes. Deste modo podes conseguir un efecto determinado.A imaxe que imos a retocar neste caso é a seguinte:

 Para levala  a cabo, debes seguir os seguintes pasos:
  • Primeiro debes pixelizar a imaxe en bloques  de 10x10 ou 20x20 (como quede mellor a imaxe). Para iso, seleccionas a opción filtros e a continuación desenfoque e pixelizar e seleccionas o tamaño dos píxeles. Neste caso escollemos o tamaño 10x10.

  • Despois debes crear unha imaxe nova, en cor branca e co mesmo número de píxeles que se utilizou anteriormente (neste caso 10x10). Unha vez teñas a nova imaxe, podes ampliala para que che sexa máis doado traballar con ela.
  • Seleccionamos a ferramenta da forma coa que desexamos cubrir a nosa imaxe, neste caso eleximos a ferramenta elipse. Ao seleccionar esta ferramenta debemos ter as opcións de alisado e difuminado de bordes seleccionadas


  • Engadimos transparencia á imaxe creada por nós. Para iso seleccionamos a opción capa, e dentro desta, transparencia e engadir capa alfa. Despois pulsamos suprimir. Seleccionamos todo e copiamos a imaxe, que aparecerá no portapapeles.
  • Voltamos á imaxe que queremos retocar e engadimos unha capa nova. Seleccionamos a ferramenta de recheo coas opcións de rechear a seleccion completamente e co patron portapapeis.
  • Clicamos sobre a imaxe e o resultado é o seguinte:

Retoque fotográfico.

Imos levar a cabo o retoque fotográfico da seguinte imaxe:

Para retocar unha fotografía podemos utilizar as seguintes ferramentas:
  1. Para eliminar os ollos vermellos tes que seleccionar a zona que queres retocar e, a continuación, seleccionamos a opción filtros seguido da opción realzar e eliminar ollos vermellos. Neste caso non fai falta, xa que non aparecen os ollos vermellos.
  2. Para eliminar zonas dunha imaxe ou igualar cores utilízase a ferramenta clonar. Para iso, tes que seleccionar a ferramenta e presionando control e a ferramenta clonar ao mesmo tempo. Deste xeito seleccionas a cor coa que vas a clonar. A continuación, elixe un pincel e clica na zona da cara que queres reparar.
  3. Para eliminar arrugas dunha cara seleccionamos a ferramenta reparar, que funciona dun modo similar á ferramenta anterior.
O resultado é o seguinte:

Máscara de capa.

Esta técnica consiste en resaltar unha determinada zona dunha foto. Con esta técnica podense conseguir efectos realmente impresionantes.
Para levala a cabo hai que seguir os seguintes pasos:
  • Abrimos unha imaxe co gimp (neste caso unha paisaxe) e facemos unha copia del. A continuación desaturamos a copia.

  • Engadimos unha máscara de capa. Para iso seleccionamos a opción capa, e dentro desta seleccionamosa opción máscara, dentro da cal seleccionamos engadir máscara de capa coa opción branco opacidad total.     

  •  Agora, con unha ferramenta de pintura, co borde suave e a cor negra seleccionados, comeza a pintar a zona da fotografía que desexas destacar. Se pintas algo que non queres que se destaque, só tes que coller a cor branca e pintar o que non queres que destaque. 

 O efecto conseguido, no caso desta imaxe, é o seguinte:








    viernes, 16 de diciembre de 2011

    Marcadores sociais.

    Os marcadores sociais sirven para almacenar, compartir e clasificar enlaces ás túas páxinas favoritas en internet.
    Os usuarios destes marcadores sociais gardan unha serie de enlaces á páxinas que visitan frecuentemente. Estes enlaces pódense clasificar por categorias e por etiquetas, e poden facerse visibles ou privados, segun o usuario o prefira. Isto nos sirve para ter á nosa disposición tódalas nosas páxinas favoritas en calqueira lugar.
    Para obter máis información, pincha aquí.
    Algunhas páxinas que nos permiten facer isto son: marcadores google e mister-wong. Para á primeira páxina tes que entrar na túa conta de G-mail, para á segunda, tes que rexistrarte na páxina.

    Para engadir ás túas páxinas a favoritos en mister-wong, tes que entrar na túa conta, despois ir a pestana ''gardar'' e pegar a URL (só se poden gardar páxinas con URL http://, https:// e ftp://). A continuación podes engadir un título, un breve comentario e unha ou máis etiquetas. Tamén podes seleccionar se queres que os teus marcadores sexan públicos ou privados.
    Tamén se poden gardar os marcadores importandoos desde o teu ordenador. Para isto primeiro tes que ter gardados en marcadores (se te atopas no mozilla) ou favoritos (se estás en internet explorer). Despois debes gardar unha carpeta con todolos marcadores e exportala. Cando esto este listo, vas á túa conta de mister-wong e seleccionas a opción importar marcadores, que se atopa na pestana de favoritos. Subiranse tódoslos marcadores que teñas gardados nesa carpeta creada anteriorrmente. A continuación poderás engadir etiquetas e comentarios a todos eses marcadores.


    Vía:mister-wong.
    Nesta imaxe pódese ver como se gardan os marcadores en mister-wong.

    A continuación poderás ver un video no que se explica algo máis sobre os marcadores sociais:


    Vía; youtube.

    domingo, 27 de noviembre de 2011

     Nesta entrada falarei sobre as webs temáticas, que son de gran axuda á hora de buscar información concreta xa que resulta moito máis cómodo.

    Videos:
    • Youtube: Nesta páxina pódense ver videos, descargalos, subilos...
    • Tu.tv: nesta páxina podes ver videos, ou subilos (para poder subilos tes que rexistrarte)
    Libros para descargar:
    • Ibubok: nesta páxina ppodemos descargar o libro que queiramos, pero antes temos que rexistrarnos e pagar polo libro.
    • Libroos: esta páxina permite descargar libros gratis.
    Compras en xeral, compra e venta:
    • Ebay: nesta páxina podes comprar ou vender. Tamén podes participar en subastas.(Tes que estar rexistrado)
    • Segundamano: nesta páxina podes compra ou vender os productos que ti queiras.
    Mapas, rutas e senderismo e rutas gps:
    • Wikiloc: nesta páxina podes ver as rutas que realizan outras persoas, pero tamén podes subir as tuas propias rutas.
     Novas tecnoloxías, internet (telefonía, videoxogos)
    • Game: nesta páxina podese buscar informacion sobre os xogos. Tamén se poden comprar ou vender.
    Música:
    • Música: Nesta páxina pódese escoitar música, ver as súas letras
    • Música: Esta páxina permítenos escoitar música online.
    Arte:
    Software (libre):
    • Cd libre: nesta páxina podemos atopar todo tipo de software libre para Windows.
    • Softinic: nesta páxina web podemos descargar softwares libres.
    Buscadores de blogs:
    • Google blogs: é unha páxina na que podes buscar os blogs que ti queiras.
    • Catablogo: nesta páxina pódense buscar blogs, que aparecen ordenados por categorías.
    Imaxes para poder utilizar libremente:
    • Stockvaut: nesta páxina podes buscar imaxes libres mediante o buscador que che ofrece a páxina ou ben por categorías.
    • Morguefile: nesta páxina podes buscar imaxes libres e descargalas.
    Enciclopedias de temas xerais:
    • Kalipedia: esta páxina é unha enciclopedia na que podes buscar informacion clasificada por materias.
    • Encyclopedia: nesta enciclopuedia podes atopar información sobre diversos temas.
    Diccionarios:
    • RAE: diccionario da real academia española. Nel pódense buscar os significados de calqueira palabra española.
    • El Mundo: neste diccionario podes atopar os significados das palabras, sinónimos, antónimos. (tamén conten traductores de inglés, francés e un apartado de medicina).
    Traductores galego, castelán e inglés:

    jueves, 10 de noviembre de 2011

    Trucos para mellorar as búsquedas en Google.

    A continuación, deixovos uns trucos para mellorar as búsquedas en Google, espero que vos sexan útiles.
    • Cando temos que buscar resultados que se comprendan entre dous datas ou números, Google permite levar a cabo unha búsqueda do tipo "número... número".
    • A través do comando OR, pódense incluir resultados relacionados cunha ou varias palabras alternativas.
    • Pódese usar o símbolo "~" diante dunha palabra para expresar que queremos buscar esa palabra ou outra similar.
     Vía: Google.


    Para máis informacion, clica aquí.

    Deixovos tamén un video, no que se explican algúns trucos:



    Vía: youtube.