domingo, 25 de marzo de 2012

Máscara de capa.

Esta técnica consiste en resaltar unha determinada zona dunha foto. Con esta técnica podense conseguir efectos realmente impresionantes.
Para levala a cabo hai que seguir os seguintes pasos:
  • Abrimos unha imaxe co gimp (neste caso unha paisaxe) e facemos unha copia del. A continuación desaturamos a copia.

  • Engadimos unha máscara de capa. Para iso seleccionamos a opción capa, e dentro desta seleccionamosa opción máscara, dentro da cal seleccionamos engadir máscara de capa coa opción branco opacidad total.     

  •  Agora, con unha ferramenta de pintura, co borde suave e a cor negra seleccionados, comeza a pintar a zona da fotografía que desexas destacar. Se pintas algo que non queres que se destaque, só tes que coller a cor branca e pintar o que non queres que destaque. 

 O efecto conseguido, no caso desta imaxe, é o seguinte:








    No hay comentarios:

    Publicar un comentario