domingo, 25 de marzo de 2012

Presentación.

Para poñer unha presentación no blog, primeiro tes que facer a presentación e subila a slideshare. Para iso tes que ter unha conta en dita páxina. Cando xa esté subida, debes copiar o código HTML da túa presentacion, que aparecerá ao lado desta. Para poñer a túa presentación no teu blog, só tes que pegar o código no apartado Edición HTML e publicar a túa entrada.


Pixelizar imaxes.

Esta técnica consiste en pixelizar unha imaxe e cubrir eses píxeles coa forma xeométrica que ti desexes. Deste modo podes conseguir un efecto determinado.A imaxe que imos a retocar neste caso é a seguinte:

 Para levala  a cabo, debes seguir os seguintes pasos:
  • Primeiro debes pixelizar a imaxe en bloques  de 10x10 ou 20x20 (como quede mellor a imaxe). Para iso, seleccionas a opción filtros e a continuación desenfoque e pixelizar e seleccionas o tamaño dos píxeles. Neste caso escollemos o tamaño 10x10.

  • Despois debes crear unha imaxe nova, en cor branca e co mesmo número de píxeles que se utilizou anteriormente (neste caso 10x10). Unha vez teñas a nova imaxe, podes ampliala para que che sexa máis doado traballar con ela.
  • Seleccionamos a ferramenta da forma coa que desexamos cubrir a nosa imaxe, neste caso eleximos a ferramenta elipse. Ao seleccionar esta ferramenta debemos ter as opcións de alisado e difuminado de bordes seleccionadas


  • Engadimos transparencia á imaxe creada por nós. Para iso seleccionamos a opción capa, e dentro desta, transparencia e engadir capa alfa. Despois pulsamos suprimir. Seleccionamos todo e copiamos a imaxe, que aparecerá no portapapeles.
  • Voltamos á imaxe que queremos retocar e engadimos unha capa nova. Seleccionamos a ferramenta de recheo coas opcións de rechear a seleccion completamente e co patron portapapeis.
  • Clicamos sobre a imaxe e o resultado é o seguinte:

Retoque fotográfico.

Imos levar a cabo o retoque fotográfico da seguinte imaxe:

Para retocar unha fotografía podemos utilizar as seguintes ferramentas:
  1. Para eliminar os ollos vermellos tes que seleccionar a zona que queres retocar e, a continuación, seleccionamos a opción filtros seguido da opción realzar e eliminar ollos vermellos. Neste caso non fai falta, xa que non aparecen os ollos vermellos.
  2. Para eliminar zonas dunha imaxe ou igualar cores utilízase a ferramenta clonar. Para iso, tes que seleccionar a ferramenta e presionando control e a ferramenta clonar ao mesmo tempo. Deste xeito seleccionas a cor coa que vas a clonar. A continuación, elixe un pincel e clica na zona da cara que queres reparar.
  3. Para eliminar arrugas dunha cara seleccionamos a ferramenta reparar, que funciona dun modo similar á ferramenta anterior.
O resultado é o seguinte:

Máscara de capa.

Esta técnica consiste en resaltar unha determinada zona dunha foto. Con esta técnica podense conseguir efectos realmente impresionantes.
Para levala a cabo hai que seguir os seguintes pasos:
  • Abrimos unha imaxe co gimp (neste caso unha paisaxe) e facemos unha copia del. A continuación desaturamos a copia.

  • Engadimos unha máscara de capa. Para iso seleccionamos a opción capa, e dentro desta seleccionamosa opción máscara, dentro da cal seleccionamos engadir máscara de capa coa opción branco opacidad total.     

  •  Agora, con unha ferramenta de pintura, co borde suave e a cor negra seleccionados, comeza a pintar a zona da fotografía que desexas destacar. Se pintas algo que non queres que se destaque, só tes que coller a cor branca e pintar o que non queres que destaque. 

 O efecto conseguido, no caso desta imaxe, é o seguinte: